
19M – Charla: «Xestión da crise, represión e criminalización da protesta»
Interesante acto para os tempos que corren. O sábado 19 de maio ás 20h00 no centro social «A cova dos Ratos» (Romil 3 – Vigo) haberá unha charla co título: «Xestión da crise, represión e criminalización da protesta» a cargo de José Ángel Brandariz – activista e profesor de Dereito Penal na Universidade de A Coruña.
Reforma do Código Penal. Cadea perpetua. Criminalización da mobilización. Xustificación da violencia policial e a Represión…
Nun momento no que os gobernos buscan frear o descontento e as protestas sociais nas rúas, a base de recortar as liberdades civís, resulta máis necesario ca nunca coñecer e reflexionar sobre a blindaxe do estado policial no que xa vivimos.
Organiza: Iniciativa Popular pola Folga Xeral